Los Sims 3 centrará a súa nova expansión na vida nocturna
mércores, 21 de xullo do 2010
Tras Trotamundos e Triunfadores, o
xogo Los Sims 3 prepara unha terceira
expansión, Al Caer la Noche,
que permitirá aos afeccionados a este tipo de tÃtulos levar a súa experiencia
de xogo ao mundo da noite e, especialmente, a festas, concertos, discotecas… o
que abrirá moitas opcións a Los SIms 3,
coma novas profesións, obxectos e outros engadidos.
Esta nova expansión chegará no outono para PC e Mac, e potenciará a cara social
do xogo, de xeito que poderemos movernos entre celebridades, converternos no
mellor barman da cidade ou,
simplemente, gozar das moitas caras da noite, como adianta o primeiro trailer
de Los Sims 3: Al Caer la Noche: