Lugo achegou á súa mocidade ao sector tecnolóxico mediante obradoiros e cursos
xoves, 30 de xuño do 2016
Este mércores, 29 de
xuño, tiña lugar a entrega
de diplomas por parte dos 127 participantes de catro accións
formativas organizadas pola entidade local no marco do programa +XtÃ
de prevención de drogas, e outras 4 organizadas polo servizo de
Xuventude do Concello de Lugo, tanto no Centro de Convivencia
UxÃo Novoneyra como na Casa da Xuventude. Engadir que a encargada da
entrega foi a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción
da Lingua, Carmen Basadre. Indo aos cursos en cuestión, trátase dos
cursos de iniciación á reparación de móbiles e electrónica
básica, de iniciación á curtametraxe e de lecer inclusivo.
Tamén houbo de de
educación de rúa, de peixarÃa, de horto urbano, de manipulador de
alimentos en comercio minorista de alimentación e de control de
alérxenos e substancias que producen intolerancias alimentarias,
todos eles encamiñados a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, que
tiveron lugar entre os meses de febreiro e xuño.
Por último, sinalar que a
concelleira aproveitou a ocasión para alentar á mocidade a
aproveitar todas as oportunidades de formación posÃbeis, asà como
lles lembrou as actividades formativas que están a piques de
comezar, obradoiros de iniciación á cociña ou obradoiros de
iniciación á fotografÃa dixital e de fotografÃa
timelapse e 360º e de vÃdeo creación,
amais doutras actividades de lecer como iniciación á equitación,
ou deportes como o parkour,
street workout
ou acrosport.