MSQRD estrea versión para Android

venres, 4 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Nos últimos meses converteuse en todo un fenómeno viral a aplicación para iPhone MSQRD, que captura vídeo da cámara do móbil para aplicarlle tecnoloxía de recoñecemento facial de xeito que logo aplica sobre o rostro do usuario unha máscara virtual que pode compartirse en redes sociais como imaxe ou vídeo, de xeito que durante semanas puidemos ver infinidade de contidos que presentan a marca de auga de MSQRD, o que frustraba a moitos usuarios que comprobaban rapidamente que tal ferramenta era exclusiva de IOS, pero iso vai camiño de ser cousa do pasado, xa que MSQRD xa ten a súa beta publicada na Play Store.
Esta nova aplicación aínda non está á altura da versión para iOS, pero facilita que os usuarios que teñan móbiles con Android poidan sumarse á febre de MSQRD, o que multiplicará extraordinariamente a cantidade de vídeos feitos coa aplicación que veremos en Facebook, Twitter ou Instagram.

PUBLICIDADE