Máis da metade da poboación e das empresas de Amoeiro xa dispoñen de fibra de Movistar

xoves, 17 de setembro do 2020 S. P.

Exterior da Casa Consistorial de Amoeiro, en Ourense

Máis da metade das unidades inmobiliarias (vivendas e locais) do concello de Amoeiro en Ourense, concretamente o 52% das mesmas, xa conta con cobertura de fibra óptica de Movistar. Máis polo miúdo, a fibra até o fogar da operadora (FTTH polas súas siglas en inglés) chegou xa a 277 fogares e empresas das localidades de Gilfonxe, Cornoces, Parada e Trasalba, que veñen de sumarse ás 582 que xa dispoñen desta tecnoloxía nos núcleos de Amoeiro e Bóveda, o que supón, como dixemos un 52% da cobertura do municipio.
A posta en cobertura destes fogares, que xa foi comunicado ao alcalde do municipio, José Luis González, achega á poboación as vantaxes da fibra de Movistar, entre as que se atopa “voz con alta calidade nas chamadas, máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (malia que se conecten de xeito simultáneo), calidade óptima nos xogos en redes e, de dispor o domicilio de Movistar+, canles de alta definición.
O despregue nos novos fogares que entran agora en cobertura está impulsado polo Ministerio de Economía a través do Plan Nacional de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración (PEBANG). Telefónica continúa así coa que é, nas súas palabras, “unha firme política de colaboración público-privada para situar a Galicia á vangarda en infraestruturas de telecomunicacións de última xeración”. A finais de 2019, o 40% da poboación da provincia de Ourense contaba con cobertura de fibra óptica ( FTTH) de Movistar, o que supuxo un total de 107.298 vivendas e negocios e un 23,78% máis que no exercicio anterior. A previsión é que na provincia de Ourense entren este ano en cobertura outras 47.574, tamén en núcleos dispersos e orograficamente complexos, aumentando en máis dun 44,34% a poboación da provincia que poderá gozar da fibra óptica de Telefónica.

PUBLICIDADE