Máis detalles sobre as novas entregas da saga Guitar Hero

venres, 17 de abril do 2009 Marcus Fernández

Killer Queen será unha das cancións presentes no Guitar Hero: Greatest Hits

Os xogos de Guitar Hero seguen de actualidade, e hoxe mesmo a distribuidora española desta franquía subministrou información sobre as novas entregas para consolas domésticas e portátiles.
O irmán maior, o Guitar Hero: Greatest Hits está a comezar a amosar a súa listaxe de 48 cancións de éxito en anteriores entregas do Guitar Hero, pero adaptadas ao sistema de xogo de Guitar Hero World Tour (ou sexa, con varios instrumentos), e mentres os usuarios poden votar vía web polos seus temas favoritos, xa coñecemos algúns temas que estarán presentes con total seguridade: Cowboys From Hell (Pantera), Take Me Out (Franz Ferdinand), No One Knows (Queens of the Stone Age), I Love Rock ‘N Roll (Joan Jett & the Blackhearts), More Than A Feeling (Boston), Thunder Kiss ’65 (White Zombie), Godzilla (Blue Öyster Cult), Unsung (Helmet), Killer Queen (Queen), Stellar (Incubus), Bark At The Moon (Ozzy Osbourne), Take It Off (The Donnas) e Hey You (The Exies).
O xogo sairá para Xbox 360, Wii, PS3 e PS3 no mes de xuño, para cando tamén se espera o Guitar Hero: Modern Hits para Nintendo DS, que desta volta limitarase a 26 grandes temas de intérpretes coma Coldplay, Fall Out Boy, Tenacious D, The Strokes ou Weezer, presentando un innovador novo modo de xogo no que o xogador poderá ter un maior poder de decisión sobre o camiño que pode tomar a súa carreira musical. Tamén se inclúe outro novo modo de xogo baseado nas peticións dos afeccionados.

O Guitar Hero: Modern Hits contará con novos modos de xogo

PUBLICIDADE