Malos tempos para a cadea de videoclubs Blockbuster

luns, 5 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Os videoclubs de Blockbuster non só pechan as súas portas en Portugal, senón que están a pasar apuros incluso en EE.UU., onde está a chegar a numerosos acordos que permitan á compañía evitar declararse en bancarrota, aínda que iso non debería evitar que teña que deixar de cotizar no mercado bolsista de New York, no que parece o epitafio dunha compañía sen visos de recuperación.
Todo apunta a que os últimos movementos da compañía só están a retrasar o inevitable, de xeito que dentro dun mes ou dous Blockbuster podería ter que declararse finalmente en bancarrota ante a imposibilidade de satisfacer as súas débedas.
A Internet está a levar aos videoclubs físicos á obsolescencia, e o peche deste tipo de negocios é unha constante en todo o mundo, pois dende a piratería ata a oferta de contidos noutras plataformas audiovisuais (televisión de pagamento, contidos á carta a través da Internet, YouTube... e incluso a proliferación de series de televisión de calidade) están a minar o aluguer físico de películas en DVD e Blu-ray.

PUBLICIDADE