Mañá chegan novos temas á SingStore

martes, 3 de abril do 2012 Marcus Fernández

O tema Toy Soldiers de Martika é unha das novidades deste mércores na SingStore

Este mércores a tenda de descargas de SingStar vai incorporar novidades interesantes, como os temas Peggy Sue de Buddy Holly ou Baby Got Back de Sir Mix a Lot, así como cinto temas do paquete de cancións de Elton John que agora poden adquirirse por separado (Sacrifice, Nikita, Sand Songs (Say So Much), Candle In The Wind e I’m Still Standing) e as cancións Toy Soldiers e Your Love Is King das voces femininas de Markita e Sade respectivamente.
A estes temas temas acompañaranos o What Are Words de Chris Medina, Animal de Def Leppard, When I’m Dead And Gone de Fury In The Slaughter House, The Weight de The Band e, como guinda do pastel, o tema En Blanco y Negro de Barricada.
Aparte destes novos temas, o xogo SingStar tamén recibirá un parche que, entre outras cousas, incorpora o soporte para os auriculares sen fíos oficiais de Sony.

Sade engadirá á tenda musical de SingStar a súa canción Your Love Is King

PUBLICIDADE