Mancomún anuncia a primeira actualización de Galinux

venres, 27 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Imaxe do escritorio de Galinux

Dende Mancomún veñen de actualizar a distribución de Linux en galego, Galinux, para incorporar melloras como a detección de máis dispositivos de hardware, así como versións máis actuais de aplicacións coma o Firefox ou OpenOffice.org.
A acollida do Galinux está a ser moi boa, distribuíndose no seu primeiro trimestre de vida máis de 15.000 CD e rexistrándose máis de 25.000 descargas dende a súa páxina web, o que supón un importante número de usuarios que se achegan ao software libre.
En contornos de produción recomendan seguir a utilizar a anterior versión de Galinux, pois ao estar baseada en Ubuntu 8.04 LTS, recibirá actualizacións de seguridade durante 3 anos, o que é unha garantía a longo prazo que debemos ter en consideración.

PUBLICIDADE