Marvel incluirá códigos de descarga nas súas coleccións de comics máis vendidas

venres, 9 de marzo do 2012 Marcus Fernández

The Amazing Spider-Man e The Avengers son dúas das coleccións que incorporarán códigos de descarga de balde

A editora Marvel anunciou esta semana que a partires do mes de xuño os seus comics de superheroes cun prezo de 3,99 dólares van incluír de balde códigos de descarga dixital para que os usuarios da aplicación móbil de Marvel Comics para iOS e Android poidan facerse coa versión electrónica dos exemplares que adquiriron en papel, para facilitar así que poidan levar as súas historias favoritas a calquera lugar sen que perigue a súa integridade física.
Entre as coleccións que se sumarán a este iniciativa están The Avengers, Captain America, Invincible Iron Man, The Mighty Thor, Amazing Spider-Man e Wolverine & The X-Men, entre outras.
Dende Marvel xa experimentaran con esta fórmula cun poucos comics e vendo a positiva resposta por parte de tendas e seareiros decidiron espallala ás súas coleccións máis vendidas, como un xeito innovador e revolucionario de xuntar os mundos da edición dixital e en papel.

PUBLICIDADE