MásMóvil ofrece unha tarifa social para familias en situación de vulnerabilidade

mércores, 24 de marzo do 2021 Marcus Fernández

O grupo MásMóvil presentou esta mañá a súa proposta MASsolidaria, iniciativa desenvolvida en colaboración coa Asociación Innicia e dirixida a persoas desfavorecidas que participen nos seus programas de inserción socio educativo ou laboral, de xeito que as persoas que realmente o precisan poderán gozar de conectividade e acceso a Internet fixo e móbil a un prezo reducido, procurando así reducir a fenda dixital, social e educativa.
Con MASsolidaria moitas tarifas en situación de vulnerabilidade poderán gozar de Internet con fibra (ou ADSL) de 100 Mbps e unha liña de teléfono fixo por 15 euros/mes e de xeito indefinido mentres estean en situación de vulnerabilidade, podendo engadir tamén unha liña móbil con 1 GB de datos e chamadas ilimitadas a fixos e móbiles estatais por só 3 euros adicionais ao mes.

PUBLICIDADE