Mass Effect: Andromeda estrea tráiler co gallo do N7
luns, 7 de novembro do 2016
O logotipo N7 que representa o maior nivel das forzas
especiais da Alianza de Sistemas da franquÃa de xogos Mass Effect inspirou que hoxe fose un dÃa de celebración (por ser 7
de novembro, ou 7N), aproveitándose esta xornada para estrear o tráiler de
Mass Effect: Andromeda, xogo que ten previsto ver a luz para PC, PS4, PS4 Pro
e Xbox One na primavera de 2017, e que animará aos xogadores a explorar a
galaxia de Andrómeda, a 2.537 millóns e anos luz, visitando mundos alienÃxenas e
descubrindo os seus misterios mentres se busca un novo fogar para a humanidade.
Este novo xogo contará cun profundo e flexible sistema de progresión, levando á
brigada protagonista a participar en combates nos que facer uso de armamento
avanzado, habilidades especiais e algún novo truco; aÃnda que na espera para o
lanzamento deste tÃtulo dende Microsoft tamén achegan unha boa nova: os xogos Mass
Effect 2 e Mass Effect 3 incorpóranse ao programa de xogos retrocompatibles,
ou sexa, que pese a lanzarse no seu dÃa en Xbox 360, agora poden xogarse en
Xbox One, o que axudará a moitos a revisar esta atractiva saba antes da chegada
da súa nova historia.
Novo tráiler de Mass Effect: Andromeda