Max Payne 3 amosa o seu poder técnico

xoves, 17 de novembro do 2011 Marcus Fernández

En marzo de 2012 teremos nas tendas de videoxogos Max Payne 3, xogo de Rockstar Games que recupera unha franquía de grande éxito e sona, que destacara no seu día polo uso de tempo bala durante as escenas de acción, e esta nova entrega tamén parece que vai sorprender no seu apartado técnico, de aí que dende o seu estudo de desenvolvemento estrean a estrear unha serie de vídeos (dobrados ao español) sobre o deseño e a tecnoloxía do xogo, no que poden verse numerosas escenas in-game, para facernos unha idea de elementos do xogo como as mecánicas de apuntado, o movemento e a animación, a intelixencia artificial dos inimigos e outras innovacións que achegará Max Payne 3.
Este xogo terá versións para PC, PlayStation 3 e Xbox 360 e, aparte de chegar para varias plataformas, tamén permitirá gozar de distintas encarnacións do seu protagonista, xa que a historia transcorrerá en varias liñas de tempo, polo que o envellecido Max que temos no presente non impedirá lembrar ao personaxe das 2 primeiras entregas da saga.
No nivel do xogo parece moi elevado, como podemos comprobar coa primeira reportaxe sobre o mesmo que achega Rockstar:

As físicas do xogo farán que cada bala impacte dun xeito distinto en cada obxectivo, dependendo de numerosos factores
Max Payne 3 recupera o seu clásico tempo bala

PUBLICIDADE