MediosOn agrupa aos principais medios en liña españois

mércores, 25 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Xunta directiva da asociación MediosOn

Esta semana constituíuse MediosOn, a asociación española de medios de comunicación en liña, que dende agrupa aos principais medios do Estado e está aberta á incorporación do resto de produtores de contidos dixitais de calidade.
A asociación busca promover os intereses das empresas de comunicación en liña e presentalas no mercado ante o resto de actores da industria dixital e institucións públicas. Entres os seus obxectivos estará non só a promoción da creación de contidos de calidade, senón tamén o impulso dunha mellor medición de audiencias de Internet en España e o fomento do investimento publicitario.
A primeira xunta directiva de MediosOn está composta pola presidenta Koro Castellano, directora xeral de Internet de Unidad Editorial; o vicepresidente é Jesús del Río, director de Contenidos de Prisacom; e tamén Juan Luis Moreno (Vocento), Joan F. Domene (20minutos.es), Pilar Gómez-Borrero (Zeta Digital), José Luis Rodríguez (Grupo Godó), Ángel Angulo (Editorial Prensa Ibérica) e Francisco Sierra (Grupo Antena 3 Multimedia). Pola súa banda, Juanjo Amorín ocupará o cargo de director xeral da organización.

PUBLICIDADE