MeeGo 1.0 aparece con versión para Nokia N900 e ultraportátiles

xoves, 27 de maio do 2010 Marcus Fernández

A fusión entre Moblin e Maemo parece estar a avanzar a bo ritmo, e finalmente xa temos a versión 1.0 de MeeGo, un novo sistema operativo aberto que nun principio iría dirixido ao seu uso en terminais móbiles coma o Nokia N900 pero que tamén conta cunha versión destinada a ordenadores ultraportátiles, cun resultando máis positivo do que era de agardar, pois consegue un inicio do sistema moi rápido e unha fluidez notable, aínda que moitos usuarios agradecerán especialmente que esta plataforma estea optimizada para pantallas pequenas.
A pantalla de inicio de MeeGo 1.0 centraliza a información de xeito que axilice o acceso a redes sociais, á navegación web, á tenda de aplicacións (MeeGo Garage), ás conexións dispoñibles, ao reprodutor multimedia ou as tarefas en curso.
O navegador web utilizado por defecto é o Chromium, polo que resulta inevitable pensar que esta versión de MeeGo é moi semellante ao que finalmente poderiamos ter co Chrome OS que sairá a finais de ano.


Demostración do funcionamento de MeeGo 1.0 nun ordenador ultraportátil

PUBLICIDADE