Mensaxes de texto para protexer ás ovellas do lobo

luns, 6 de agosto do 2012 Marcus Fernández

A tecnoloxía vai contribuír a manter ás ovellas máis seguras ante a ameaza do ataque dun lobo grazas a un experimento que están a desenvolver en Suíza consistente en colocar monitores cardíacos a varias ovellas, de xeito que, de detectarse un disparo das pulsacións dos animais poríase en funcionamento un mecanismo de emerxencia consistente no disparo dun repelente para lobos dende os colares das ovellas e o envío dunha mensaxe de texto ao móbil do pastor.
Esta tecnoloxía sería unha boa solución para pequenos rabaños que non contan coa vixilancia constante dun can pastor, e agárdanse probas de campo desta solución en Suíza e Francia durante 2013, estando xa outros países interesados na mesma.

PUBLICIDADE