Microsoft Equipt achegará seguridade e aplicacións ofimáticas mediante subscrición

xoves, 3 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Microsoft Equipt equivalería á adquisición de Office Home and Student 2007 e OneCare

Microsoft anunciou nos EE.UU. o seu servizo Microsoft Equipt, que por 69,99 dólares/ano dota aos seus usuarios da versión doméstica de Microsoft Office 2007 (que inclúe Word, Excel, PowerPoint e OneNote), a solución Windows Live OneCare (que mantén o ordenador seguro das ameazas na Rede, elimina ficheiros inservibles no noso equipo e optimiza o funcionamento do ordenador) e as aplicacións habitual de Windows Live (Hotmail, Messenger, Folder Share...), converténdose nunha interesante solución que pasa do pago por produto ao pago por servizo median te subscrición, que se pode aplicar ata en 3 equipos, de xeito que resulta axeitado para familias ou usuarios con varios equipos.
Aínda non se coñece se este sistema de adquisición de aplicacións informáticas chegará a España en breve, mentres que nos EE.UU. se comezará a comercializar a mediados de mes a través das tendas de Circuit City.

PUBLICIDADE