Microsoft achega o poder da nube aos cascos de VR

luns, 26 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Os cascos de realidade virtual autónomos Meta Quest 2 e Meta Quest Pro non destacan pola súa grande potencia, concesión que realizan en virtude dunha boa autonomía e para poder librarse de cables, aínda que para gozar de experiencias avanzadas é posible executar as aplicacións máis esixentes directamente nun PC. Pero agora hai unha nova solución dispoñible para que os cascos autónomos poida ofrecer gráficos avanzados: Azure Remote Rendering.
Falamos dun servizo de computación na nube de Azure, que procesa os contornos tridimensionais nos servidores de Microsoft e transmíteos en streaming aos cascos de VR, o que permite gozar de prestacións avanzadas sen ter sacrificar liberdade de movemento nin autonomía, polo que pode ser unha peza chave para aproveitar solucións relativamente económicos como os cascos de Meta para crear experiencias de realidade virtual e mixta avanzadas, que entendemos que inicialmente se aplicarán ao ámbito profesional, pero que poderían sentar as bases da realidade estendida do futuro.

PUBLICIDADE