Microsoft anuncia a dispoñibilidade da Garantía Tecnolóxica do Office 2010

venres, 5 de marzo do 2010 Raquel Noya

Grazas ao programa de Garantía Tecnolóxica de Microsoft Office 2010, os clientes que compren ou activen o Office 2007 poderán actualizar o seu produto orixinal ao paquete Office 2010 correspondente, cando estea dispoñible.
O proceso de comprobación da Garantía Tecnolóxica de Office 2010 realizarao en liña Microsoft, a través da web Office.com/techg, de modo que se require acceso á Rede para comprobar e solicitar a actualización do produto.
Asemade, grazas a esta iniciativa, que comeza hoxe e remata o vindeiro 30 de setembro deste ano, os clientes poderán realizar a descarga dos bits de Office 2010 de balde ou poderán realizar o pedido dun disco do produto, polo que deberán aboar un custe.
Para solicitar e recibir a actualización, os clientes que desexen acollerse ao programa de Garantía Tecnolóxica de Office 2010 deben escribir a data de compra e o número de identificación de produto de Office 2007 na Web, así como crear unha conta de Windows Live IDE se aínda non a teñen. O sistema de validación en liña de Microsoft confirmará se o produto é auténtico para a actualización e determinará o idioma de Office 2010 correspondente. Despois de realizar todos os pasos, os clientes poderán descargar a actualización de Office 2010 de inmediato ou pedir un DVD que ten un período de entrega de entre 2 e 4 semanas.
Así mesmo, os clientes que desexen acollerse a este programa deben conservar o recibo de venda con data de Office 2007 como comprobante da compra ata que solicite e cambie a actualización, xa que é posible que Microsoft llelo solicite para comprobar a súa lexitimidade.
Este programa de Garantía Tecnolóxica, que ten como obxectivo proporcionar a partners, clientes, resellers e distribuidores un incentivo para vender Office 2007, vai dirixido só a aquelas persoas que compren un produto novo, orixinal de Office 2007 cualificado de Microsoft ou un revendedor autorizado. Do mesmo xeito, a oferta non é válida para clientes con licenzas por volume, clientes cun produto promocional ou revenda, nin clientes que compren Office 2007 a través de programas Home Use Rights ou Student Select.

PUBLICIDADE