Microsoft comprará Nokia por 5.440 millóns de euros

martes, 3 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Nokia Corporation anunciou hoxe o peche dun acordo para a venda da división de dispositivos e servizos e o seu catálogo de patentes a Microsoft por 5.440 millóns de euros en efectivo, que pagaranse ao peche da operación, co que a compañía finlandesa agarda rexistrar unhas ganancias de 3.200 millóns de euros. A transacción espérase que se complete no primeiro trimestre de 2014, estando pendente da aprobación por parte dos accionistas e autoridades competentes.
Tras a operación Nokia centrarase en 3 negocios: NSN, centrado en servizos e infraestruturas de rede; HERE, servizos de mapas e localización (servizo polo que Microsoft pagarán durante un mínimo de 4 anos para a súa integración nos seus dispositivos); e Tecnoloxías Avanzadas, dende a que desenvolven e licencian tecnoloxía. Amais, preto de 32.000 traballadores de Nokia transferiranse a Microsoft, dos que uns 4.700 corresponden a persoal en Finlandia, e entre os que se inclúen moitos dos principais directivos, entre os que xoga un especial papel Stephen Elop, que abandona os seus cargos de dirección actuais de Nokia para evitar conflitos de interese no período de transición da compañía, pois tanto Elop como Jo Harlow, Juha Putkiranta, Timo Toikkanen e Chris Weber esperan integrarse anticipadamente a Microsoft, para dirixir a integración das compañías, o que reforza a idea de que Elop podería ser o sucesor de Steve Ballmer á fronte de Microsoft.
Dada a estreita alianza entre Microsoft e Nokia durante os últimos dous anos e medio, parecía que a compra de Nokia era só cuestión de tempo, e non debería afectar a curto prazo ao mercado, pois Microsoft continuará a licenciar Windows Phone a outros fabricantes, pero esperan que a integración total de ambas compañías permita que o sistema operativo móbil de Microsoft poida dar pé a dispositivos de referencia e grande calidade, na liña do que conseguiron ao lanzar Surface, que pese a non converterse nun equipo de grandes vendas, marcou o camiño a seguir por parte da Industria.
Sobre a adquisición de Nokia, Steve Ballmer publicou unha carta aberta na que explica a operación dentro da fase de renovación de Microsoft, destacando que suporá a volta de Stephen Elop a Microsoft, mantendo a Julie Larson-Green á cabeza do equipo de dispositivos (centrándose en Xbox One e Surface), integrando aos directivos de Nokia antes mencionados e mantendo o equipo comercial de Nokia.
Microsoft tamén publicou unha presentación na que detallan que a compra de Nokia busca mellorar os beneficios de Microsoft no sector da telefonía móbil, crear unha mellor experiencia de uso dos móbiles con Windows Phone e evitar que Google e Apple acaparen a innovación, integración, distribución e monetización das aplicacións.
StrategicRationale


<script type="text/javascript">var docstoc_docid="160532498";var docstoc_title="StrategicRationale";var docstoc_urltitle="StrategicRationale";</script><script type="text/javascript" src="http://i.docstoccdn.com/js/check-flash.js"></script>

Para completar a información tamén publican unha interesante cronoloxía de Nokia e Microsoft que leva á integración de ambas empresas:

PUBLICIDADE