Microsoft está a preparar unha versión web do seu Office

mércores, 29 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Adianto do que será o PowerPoint Online

Durante o ultimo Congreso para Desenvolvedores Profesionais (PDC) de Microsoft a empresa de Redmond deu a coñecer un compoñente da vindeira versión de MS Office que permitirá ver, editar e colaborar en documentos ofimáticos a través da web facendo uso de HTML, AJAX e Silverlight (tecnoloxías dispoñibles para múltiples plataformas). Esta prestación estaría á altura dos competidores en liña que lle foron aparecendo ao Office de escritorio nos últimos anos.
As aplicacións vía web terían o mesmo nome que as de escritorio engadindo ao final a palabra Online, e as súas prestacións serían aceptables (pero máis reducidas que as versións tradicionais). Office Online sería un produto que se comercializaría mediante subscrición, e incluiría versións web de Word, Excel, PowerPoint e OneNote, e se agarda que antes de rematar o ano se lance unha versión técnica de proba desta ferramenta vía web.

As labores máis habituais en follas de cálculo tamén se poderán realizar a través de Excel Online

PUBLICIDADE