Microsoft estrea una aplicación de karaoke inverso

luns, 12 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Os laboratorios de Microsoft prepararon unha aplicación informática co potencial de ser un grande éxito ou de quedar no máis absoluto esquecemento, pois se basea na idea dun karaoke inverso, ou sexa, que pon música ao que o usuario cante a letra que queira, dentro de estilos musicais predefinidos, o que pode resultar moi divertido para algúns, e sumamente ridículo para outros.
A aplicación de acompañamento musical Songsmith se vende por 29,99 dólares, aínda que tamén é posible descargar unha versión de proba, para poder botar un ollo ás posibilidades deste curioso programa informático, do que xa adiantamos que non se pode agardar moito, pois a música que xera sona a MIDI ou a teclado Casiotone, polo que non é comparable ao acompañamento sonoro que achegan os karaokes actuais.
Entendemos así que este programa está máis pensado coma xoguete que coma produto musical, aínda que tamén é rechamante o xeito que teñen de anuncialo:

PUBLICIDADE