Microsoft estrea unha aplicación gratuíta para a xestión de pequenas e medianas empresas

luns, 30 de outubro do 2006 Marcus Fernández

As empresas de nova creación ou os pequenos negocios poderán contar agora cunha nova ferramenta de Microsoft chamada a acabar co uso do lapis e o papel, pois o Microsoft Office Accouting Express 2007 é unha aplicación de balde que integra o Microsoft Outlook con outras aplicacións do Microsoft Office para permitir a creación de facturas, recibos e informes, así como para xestionar os gastos, os impostos, os créditos, os clientes, os vendedores, os empregados ou as vendas a través da Rede.
O novo sistema pode importar datos de Intuit QuickBooks, Microsoft Money e Microsoft Office Excel, e pode empregar Microsoft Live para compartir información, podendo complementarse con servizos de terceiros (funcionalidade de pago) coma eBay, Equifax ou Paypal.
Agárdase que esta nova ferramenta se incorpore ás novas versión do Microsoft Office 2007, aínda que para cubrir as necesidades de “administración de inventario, facturación en distintas moedas ou acceso multiusuario” tamén contarán cunha versión profesional máis avanzada.

PUBLICIDADE