Microsoft impartirá na Coruña unha sesión sobre o desenvolvemento de software en Windows 8

luns, 17 de decembro do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro mércores a aula 3.3 da Facultade de Informática da Coruña acollerá unha xornada formativa na que de 16:30 a 17:30 horas impartirase unha sesión de introdución ao desenvolvemento en Windows 8, para o que recomendan aos asistentes a acudir co seu portátil con Windows 8 e Visual Studio 2012 para poder tirar un maior proveito da sesión.
Ao remate da sesión formativa, Microsoft celebrará o Nadal sorteando distintos agasallo e ofrecendo doces típicos destas datas aos presentes.

PUBLICIDADE