Microsoft ingresou 21.456 millóns de dólares no último trimestre

venres, 25 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Steve Ballmer, director xeral de Microsoft, amosando un móbil con Windows Phone no CESMicrosoft vén de dar a coñecer os seus resultados económicos trimestrais, conseguindo un volume de negocio record cuns ingresos de 21.456 millóns de dólares (cuns beneficios de 6.377 millóns) o que supón un incremento interanual de 500 millóns de dólares, grazas en boa medida polo lanzamento de Windows 8 e a fortaleza de Windows Phone 8 (que está a vender 4 veces máis que Windows Phone 7).
A división de Windows é claramente a que mellor está a funcionar en Microsoft na actualidade, mentres que, por exemplo, a división de lecer, está a decaer, o que resultaba predicible, pois a Xbox 360 está a vivir o seu fin de ciclo, agardándose que este mesmo ano presente a súa sucesora, polo que é de agardar que no vindeiro exercicio os ingresos de tal división volvan medrar, converténdose nun dos piares da compañía que, pese a ter pouca experiencia no sector dos videoxogos, conseguiu facer fronte a xigantes como Sony e incluso superalos en mercados como o norteamericano.

PUBLICIDADE