Microsoft inviste 15 millóns de dólares en Foursquare

mércores, 5 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Unha das aplicacións máis populares para a busca local en dispositivos móbiles, Foursquare, está a mellorar constantemente os seus sistemas grazas aos seus usuarios, que permitiron que a súa base de datos de lugares conseguise chegar aos 60 millóns de entradas e acumulase máis de 5.000 millóns de check-ins, o que resulta de grande utilidade para coñecer establecementos, analizar tendencias e construír o que pode considerarse como o motor de recomendacións en tempo real máis potente do mundo, o que levou a Microsoft a licenciar toda esta información local para o seu uso nos seus produtos e servizos, operación por un montante de 15 millóns de dólares, investimento que claramente agradecen dende Foursquare.
Deste xeito, en breve os dispositivos que funcionen con Windows ou Windows Phone e os produtos como Bing contarán con información local enriquecida por Foursquare, o que contribúe a unha experiencia susceptible ao contexto e permite ofrecer mellores recomendacións.

PUBLICIDADE