Microsoft renova o seu programa de mapas virtuais

martes, 7 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Microsoft vén de actualizar o seu programa de mapas baseado no servizo Live Local, Microsoft Virtual Earth, que compite contra o famoso Google Earth e contra o que non tiña moito que facer ata que saíu esta versión mellorada. Así, ó contrario de Google (que ten a Google Earth coma aplicación de escritorio e Google Maps coma servizo web) Microsoft aposta por presentar un servizo web máis potente, que se poderá mover de xeito tridimensional pro todo o planeta, e que destaca por coidar a aparencia 3D dos edificios, o que permite uns voos sobre as cidades realmente impresionantes.
A renovación de Virtual Earth é realmente abraiante, aínda que polo momento ten varios problemas: só funciona no navegador Internet Explorer (algo comprensible ó tratarse dun produto de Micrososft), aínda non conta con versión en español e os mapas aínda non son moi completos fóra dos EE.UU.
Agardemos que Microsoft potencie esta ferramenta para que se poida converter nunha solución alternativa ós sistemas de mapas de Google, o que incrementarán a capacidade de elección de usuarios e programadores (que tamén preparan ferramentas baseándose nestes produtos).

PUBLICIDADE