Minecraft Earth chega a España
mércores, 20 de novembro do 2019
Dende hoxe está dispoñible en España o acceso anticipado a Minecraft Earth, a versión
free-to-play de Minecraft para móbiles que integra tecnoloxÃa de
realidade aumentada, e que podemos descargar
de balde para Android e para iOS.
Esta nova versión de Minecraft está a espallarse internacionalmente de xeito
progresivo, á vez que recibe novas melloras en función da resposta dos
usuarios.
Entre as funcionalidades que veñen de engadir figuran as Aventuras
(pequenas porcións de mundos Minecraft xerados de xeito automático e por
tempo limitado, que poden xogarse en realidade aumentada a tamaño real, estando
optimizadas para ser experiencias multixogador social), novas variantes de
criaturas (mobs), poder fundir minerais en lingotes e poder fabricar obxectos
en vez de ter que colleitalos.
En Minecraft Earth permite crear, explorar e sobrevivir no mundo real e
mesmo formar equipo con outros xogadores, no que poderiamos describir como unha
aproximación de Minecraft a Pokémon Go, conseguindo chamar a
atención dos usuarios ao permitirlles colocar as súas construcións no mundo
real grazas á realidade aumentada.
Tráiler de Minecraft Earth