Minecraft será compatible con PlayStation VR
luns, 7 de setembro do 2020
Dende Mojang Studios anuncian que a nova actualización de Minecraft
para PlayStation 4 será
compatible con PlayStation VR, e que estará dispoñible este mesmo mes,
facilitando asà un xeito moi inmersivo de experimentar con Minecraft,
mantendo todos os elementos do xogo orixinal, pero engadindo axustes e
indicacións para personalizar a realidade virtual de cadaquén.
Con PlayStation VR Minecraft contará con 2 modos de xogos (Immersive
e Living Room) deixando asà nas mans do usuario a elección do xeito no
que quere gozar da realidade virtual mentres continúa a empregar o mando
DUALSHOCK 4 para desprazarse, fabricar, picar e atacar.
Dado que Minecraft xa se adaptara para a realidade virtual anteriormente,
esta nova versión puido desenvolverse sen complicacións, polo que todo indica
que ofrecerá unha experiencia satisfactoria dende o primeiro momento.