Miramax animou a unha rapaza a non descargar unha das súas películas convidándoa ao cine

martes, 14 de abril do 2009 Marcus Fernández

A Rede dá lugar a situacións curiosas, e así, cando unha usuaria de Twitter comentou no servizo de microblogging, a xeito de curiosidade, cómo era posible que a película Adventureland aínda non estivese dispoñible para a súa descarga na rede BitTorrent, recibiu un comentario pedíndolle que non descargase o filme, ao que ela contestou que estaba de broma, o que lle valeu dende Miramax Films ofrecesen dúas entradas gratuítas para que fose a ver a película ao cine (aínda que finalmente só aceptou unha).
Aínda que só sexa unha anécdota, resulta bastante curioso que en vez de loitar contra as descargas de Internet mediante denuncias o fagan con orixinalidade e xenerosidade, especialmente cando na práctica parece ser imposible atopar aínda a mencionada película a través de BitTorrent.

Miramax Films ofreceu 2 entradas de cine a través de Twitter evitando así a descarga da súa nova película

PUBLICIDADE