Miyamoto confirma que están a preparar un novo xogo de Mario para Nintendo 3DS

xoves, 11 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Sen sorprender a ninguén, Shigeru Miyamoto, quen creou ao personaxe Mario en 1981 para o videoxogo Donkey Kong e que chegaría a ter unha franquía de seu que está a celebrar o seu 25º aniversario, anunciou que están a «traballar nun produto de Mario para Nintendo 3DS» ao que engadiu que será «a primeira vez na que Mario estará presente nunha consola portátil cun mando analóxico», o que podería ter tanta importancia coma o feito de que esteamos ante un xogo con gráficos estereoscópicos. ¿Podería estar a suxerían que o Mario de 3DS será Super Mario Galaxy? ¿Ou estaremos ante un título totalmente novo?
Nun principio xa está confirmado un Mario Kart para 3DS, pero o feito de que haxa outro xogo do popular fontaneiro de Nintendo no forno é unha garantía de éxito para a consola que a compañía nipona achegará ao mercado europeo en marzo de 2011 e que promete revitalizar o seu negocio, pois a Wii leva un tempo en decadencia e a Nintendo DS xa leva excesivas revisións, resultando imposible manter o seu pulo de cara ao ano que vén (especialmente porque ambas consolas están presentes en case todos os fogares con cativos dos principais mercados do sector).

PUBLICIDADE