MoLab organiza un torneo de Rocket League na Coruña

martes, 21 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Non conformes con celebrar un Laboratorio de Desenvolvemento de Videoxogos o vindeiro xoves de 16:00 a 20:00 horas no centro cívico Cidade Vella de A Coruña (actividade enmarcada no Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación de Coruña Dixital) o colectivo Monkey Laboratory (MoLab) está a organizar un torneo do xogo Rocket League na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, na que competirán equipos de 3 xogadores, podendo os interesados inscribirse por correo electrónico.
Os interesados desta actividade farían ben en pasarse polo evento de Facebook sobre o torneo, onde darán máis información sobre a actividade durante os vindeiros días, xa que a competición de videoxogos non será unha iniciativa atómica, senón que estará acompañada por máis actividades, unha zona retro, postos de xogo libres e incluso xogos de mesa. Toda unha invitación a xogar nunha Facultade que cada día está a demostrar un compromiso maior co sector dos videoxogos confiando no seu potencial profesional.

Rocket League converteuse en todo un fenómeno coa súa proposta de xogo de fútbol no que os xogadores son automóbiles a propulsión

PUBLICIDADE