MoviCam e MovilFoto desaparecerán este mes da oferta de servizos de Movistar

mércores, 1 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os servizos que ofrecen as operadoras de telecomunicacións que van máis aló das chamadas telefónicas non sempre acadan o éxito agardado, ora por baixa demanda ora por pouco coñecemento dos mesmos por parte dos usuarios, o que normalmente leva a súa desaparición, e en tal caso están 2 servizos de Movistar: MoviCam, que permitía conectar cunha webcam dende o móbil; e MovilFoto, que permitía recibir no domicilio copias en papel de fotografías remitidas mediante mensaxe multimedia. Este último servizo ofrecíase en colaboración con Fotoprix e tamén permitía imprimir adhesivos e postais.
Os usuarios que empregaban os servizos serán informados do seu cese durante o presente mes.

PUBLICIDADE