Movistar venderá o primeiro smartphone de HP

mércores, 12 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Telefónica estrea en España o primeiro teléfono intelixente de HP, que se poderá mercar por 99 euros asociado a un contrato de permanencia de 18 meses coa operadora, mentres que o seu prezo libre sería de 299 euros.
O HP iPAQ 512 é a resposta de HP á emerxencia de teléfonos intelixentes que ameazan con botar do mercado ós PDA puros. Conta co sistema operativo Windows Mobile 6.0, versión Pocket do paquete ofimático de Microsoft e Internet Explorer. Inclúe cámara de 1,3 Mpíxeles, mide 4,86 x 1,63 x 10,7 cm. e pesa 102 gramos. No tocante á conectividade, o iPaq 512 é cuatribanda, permitindo conexións móbiles dende GSM ata EDGE, podendo tamén facer uso de comunicacións sen fíos Bluetooth e Wi-Fi.
Pero este non será o único móbil que achegue HP, que tamén estrea o iPAQ 600 e o iPAQ 900, que chegarán a España a finais de ano.

PUBLICIDADE