MySpace quere incrementar a súa presenza en España

venres, 25 de maio do 2007 Marcus Fernández

Unha das webs máis populares entre os mozos norteamericanos é sen dúbida MySpace, empresa fundada por Chris DeWolfe e Tom Anderson, que pretende espallar o seu negocio xeograficamente, polo que o vindeiro 11 de xuño presentarán unha nova sede en Madrid, xa que a compañía quere potenciar os contidos locais, así como participar en eventos culturais españois (principalmente musicais) e acadar un certo achegamento ós anunciantes.
MySpace quere así coller forza en España, xa que no Vello Continente non ten a sona de servizos coma YouTube ou Flickr, mentres que nos E.UU. é un dos máximos expoñentes das redes sociais.
Os servizos de MySpace permiten ós seus usuarios a publicación na Rede de textos, música, fotografías e vídeos dun xeito moi doado, promovendo a captación de amigos, o que fixo emerxer a auténticas estrelas polas súa popularidade e o que levou a moitos grupos musicais e famosos a contar con seu propio espazo en tal servizo.

PUBLICIDADE