NACCE celebra este xoves en Ourense a súa terceira xornada de presentación de resultados

mércores, 23 de xaneiro do 2013 Redacción

Segue adiante o Proxecto NACCE, dirixido a fomentar o despegue das empresas TIC galegas e do Norte Portugal a través de foros, asesoramento profesional, networking e apoio a novos proxectos. A vindeira actividade de NACCE terá lugar este xoves 24 da xaneiro coa celebración, no salón de actos da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, da Terceira Xornada de Presentación de Resultados de Proxectos de Creación de Empresas e Novas liñas de Negocio TIC. O programa inclúe a participación de mentores (Carlos Fernández de Desoños, Fátima Andrade e Arantxa Fernández de Saborplace, Rosa Conde de Entremetidos, Luis Fernández de InnoBAN, Ricardo Luz de Invictia, Marco Martins de Scytale, etc), emprendedores e representantes das entidades que pechan fileiras arredor de NACCE. Por exemplo, Jorge Barros (Dirección Xeral de Emprego) ou Sonia Rábade (AGESTIC).
Programa da xornada
09.30 H Inscricións.
10.00 H Apertura e intervención institucional.
Xunta de Galicia: Jorge Barros de la Peña (Subdirector Xeral de Apoio á Contratación, aos Emprendedores e ao Traballo Autónomo).
AGESTIC: Sonia Rábade Gil (secretaria xeral de AGESTIC)
Cámara de Comercio de Vigo: José Manuel García Orois (xerente da Cámara de Comercio de Vigo)
Universidade de Vigo: María Lameiras Fernández (Vicerreitora do Campus de Ourense)
10.30 H Presentación de Resultados de Proxectos participantes en NACCE. WIIMBO - ANUBIA - VOUAXENDA - 104 CUBES
11.30 H Descanso café.
12.00 H Mesa 1. Emprendedores - Como pór en marcha unha idea. Relatores: Carlos Fernández de DESOÑOS, Fátima Andrade Pombo e Arantxa Fernández Fernández de SABORPLACE, Rosa Conde Suárez de ENTREMETIDOS e Eng. Marco Martins de SCYTALE.
13.15 H Mesa 2. Emprendedores - Financiamento. Luís Fernández de INNOBAN, Ricardo Luz de INVICTA ANGELS.
14.00 H Fin da xornada da mañá.
15.00 H Mesas de Mentoring:
Carlos Fernández | DESOÑOS
Fátima Andrade Pombo e Arantxa Fernández Fernández| SABORPLACE
Rosa Conde Suárez | ENTREMETIDOS
Luís Fernández | INNOBAN
Ricardo Luz | INVICTIA
Eng. Marco Martins | SCYTALE
17.00 H Fin da xornada
Unha iniciativa con múltiples apoios institucionais e académicos
No Proxecto NACCE participa a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC), a Universidade de Vigo, a Cámara de Comercio de Vigo e dous socios de Portugal: Aimnho, de Braga, e CCG, de Guimarâes. A iniciativa inscríbese dentro do Programa Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) e conta con co-financiamento de fondos FEDER.
Como lembraremos, NACCE diríxese a revolucionar o sector TIC na rexión transfronteiriza de Galicia-Norte de Portugal baixo un prisma internacional. O eixo fundamental da iniciativa é a cooperación entre empresas, entidades do sector e do emprendemento, e entre profesionais, estudantes e profesores, entre outros, de ambos os lados da fronteira.
NACCE ponse a disposición das persoas interesadas en crear unha empresa de base tecnolóxica ou que a crearon recentemente. As firmas empresariais poden ser de tecnoloxías aplicadas á saúde, educación, comercio, banca, Internet, aplicacións móbiles, realidade virtual ou contidos dixitais. A iniciativa tamén pon o foco de atención en empresas interesadas en desenvolver proxectos en colaboración e novas liñas de negocio, ou que desexen internacionalizarse.

PUBLICIDADE