Nace unha plataforma de televisión en Internet especializada en contidos de ocio e entretemento

luns, 25 de xuño do 2007 Raquel Noya

O grupo de comunicación “La Información” vén de crear Directa TV, unha plataforma de televisión en Internet especializada en contidos de ocio e entretemento que nace co obxectivo de trascender do ámbito rexional.
Para o seu lanzamento, Directa TV escolleu as festas dos San Fermíns como contido estrela da programación, con imaxes de outras edicións, reportaxes e entrevistas cos principais protagonistas desta popular celebración.
A partires do día 6, unha parte importante dos contidos de Directa TV dedicaranse á actualidade e ós eventos máis representativos da devandita festa taurina, nunha sección denominada “A correr!”, que contará os avatares dun reporteiro arxentino que se prepara para vivir, por primeira vez, as festas de San Fermín.
Ademais deste tipo de programación, Directa TV tamén contará cun bloque dedicado á música, que incluirá vídeos musicais de grupos nacionais e internacionais así como a posibilidade de descargar cancións e vídeos ó teléfono móbil.
Nun terceiro bloque de contidos denominado “Zapping”, esta nova canle inclúe unha selección dos vídeos máis impactantes e divertidos, os mellores spots e as imaxes máis inéditas que trunfan en Internet.
Estes últimos bloques de programación, “música” e “zapping”, terán continuidade unha vez que conclúan as festas de San Fermín, e nos vindeiros meses, os responsables de “Directa TV” aseguran que se “irán engadindo novos apartados e contidos”.

PUBLICIDADE