Naruto terá un novo xogo para Nintendo 3DS en marzo

luns, 24 de decembro do 2012 Marcus Fernández

No xogo poderemos reproducir os ataques especiais propios de Naruto e Lee

Namco Bandai anuncia que o vindeiro 8 de marzo porá á venda en Euroap o xogo Naruto Powerful Shippuden para Nintendo 3DS, desenvolvido por Inti Creates coa axuda de CyberConnect2, que levará ao videoxogo a nova serie de animación Rock Lee & His Ninja Pals (serie derivada de Naruto) adoptando a fórmula la loita en desprazamento horizontal controlando a Naruto Uzumaki e Rock Lee nas súas versións caricaturizadas, e conservando as súas técnicas de loita máis características.
O xogo terá unha mecánica sinxela que facilitará a achega de público de todas as idades, desenvolvendo numerosos combates ninja a través de campos de adestramento, bosques e montañas, tanto nun modo historia como nun modo de batalla sen fin. Tamén farán acto de presenza personaxes coñecidos polos seareiros de Naruto, como Kakashi, Sakura, Gaara e moitos outros. Sen dúbida, un xogo moi recomendable para os seguidores das aventuras de Naruto que queiran divertirse sen ter que seren expertos en xogos de loita.

Carátula do novo xogo para Nintendo 3DS


Trailer do novo xogo de Naruto para Nintendo 3DS

PUBLICIDADE