Netflix estrea unha aplicación móbil que fai de mando para xogar

mércores, 9 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Semella que Netflix quere levar a súa aposta polos videoxogos como canle de fidelización un paso máis adiante, pois vén de publicar na App Store unha aplicación chamada Netflix Game Controller que converte un iPhone ou iPad nun mando para xogar no televisor a través de Netflix.
Haberá que ver se Netflix realiza algún anuncio oficial sobre o tema, porque este mando virtual tanto podería servir para gozar dalgúns dos seus xogos interactivos que xa ten dispoñibles na súa plataforma como podería abrir a porta ao xogo na nube. O que si está claro é que Netflix considera que os videoxogos son un elemento máis do lecer doméstico, e prefiren subir ao carro para ter máis frontes nos que competir pola atención dos usuarios.

PUBLICIDADE