New York Crimes estrea secuela
xoves, 17 de novembro do 2016
O xogo español New
York Crimes, coñecido internacionalmente como Yesterday, que fora recoñecido como
Xogo do Ano en 2012 durante a celebración do Gamelab, demostrou que dende
Péndulo Studios aÃnda conservan a súa pegada ao facer aventuras gráficas, e
estes dÃas están a lanzar a súa secuela, Yesterday
Origins, que hoxe
chegou á tenda dixital de Xbox One a un prezo de 39,99 euros, e que xa leva
unha semana dispoñible para
PC en Steam, tendo que ser inminente a súa chegada a PS4.
O xogo preséntanos aos inmortais John Yesterday e Pauline Petit, que vivirán
unha aventura a través do tempo e o espazo, cunha completa narrativa chea de
intriga e cambios inesperados na que os protagonistas están a buscar os
elementos necesarios para reproducir o ritual alquÃmico que deu a inmortalidade
a John 500 anos atrás, emendando o erro no mesmo que provocou que en cada
resurrección perda completamente a memoria.
Tráiler de lanzamento de Yesterday Origins