Nigrán estrea Centro de Dinamización da Sociedade da Información

luns, 12 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A Consellaría de Innovación e Industria inaugurou hoxe un novo Centro de Dinamización da Sociedade da Información en Nigrán, nun acto no que participaron Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información; Monstserrat Prado Cores, delegada de Innovación e Industria; Xosé Lois Villasante, xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia; e David Giráldez Fernández, tenente de alcalde do Concello de Nigrán.
O novo centro está equipado con 15 ordenadores con lectores de DNI electrónico, cámaras web, 2 impresoras, un proxector, cámara fotográfica dixital e escáner, para o que contou cun investimento de 120.500 euros, e que servirá para que o persoal dinamizador poida achegar á poboación as novas tecnoloxías.

PUBLICIDADE