Ninja Gaiden chegará á Nintendo DS en marzo de 2008

venres, 21 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Ninja Gaiden Dragon Sword será a adaptación da violenta saga de videoxogos para a Nintendo DS que, pese a non ser tan espectacular coma o futuro Ninja Gaiden 2 para Xbox 360, promete levar unha acción trepidante ás consolas portátiles niponas e norteamericanas en marzo de 2008 (a data do lanzamento europeo aínda non se detallou).
O xogo protagonizado polo ninja Ryu Hayabusa fará un uso intensivo da pantalla táctil da DS, e os xogadores gozarán dun grande control do personaxe principal.


Trailer do xogo presentado no último Tokyo Game Show

A versión demostrativa deste título promete moito, pois o acabado gráfico é notable, e a xogabilidade tamén parece moi coidada (o modo de combate é moi completo), aínda que haberá que ter paciencia para ver se esta entrega de Ninja Gaiden está á altura das anteriores versións que se veñen xestando dende finais de 1988.

PUBLICIDADE