Nintendo recomenda actualizar a Wii U antes de agasallala a un cativo

venres, 21 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Agora que se achega a noite de Nadal, dende Nintendo quere por a venda antes da ferida, e advirten a través de Twitter que as persoas que vaian agasallar unha Wii U deberían instalarlle á consola a súa actualización de sistema antes de envolvela. Este consello chega porque tan pronto se conecta a consola á Internet é preciso descargar unha enorme actualización que tende a descargar bastante lento, demorando en exceso a primeira partida coa nova consola e coa peculiaridade de que, de interromperse a descarga, pode chegar a estragarse a Wii U, polo que, de acontecer tal o día de Nadal, sería peor que unha das trasnadas do Grinch.

PUBLICIDADE