Nominalia pon en marcha unha academia en liña con actividades de balde sobre e-commerce

martes, 26 de xuño do 2012 Fernando Sarasketa

Nominalia, empresa española de xestión de dominios, rexistradora acreditada pola ICANN, vén de pór en marcha unha escola en liña de comercio electrónico. A Nominalia Online School, así se fai chamar, achegará seminarios de balde, abertos a clientes e todo tipo de profesionais, sobre o eido da actividade comercial nas nosas canles e os xeitos de tirarlles o mellor partido dende o punto de vista do medre dunha empresa.
É a nosa aposta polo pequeno e mediano empresario”, sinala Nominalia, que concibe esta academia en liña como unha aula de formación continua onde prevalece a seguinte mensaxe: a confianza nas posibilidades do comercio electrónico e a arela de acadar que “todo aquel que aínda non sabe en que pode axudar este mundo á súa empresa, poida ter acceso doado a estas ferramentas, coñecelas e descubrir como saír gañando co seu uso”. As sesións formativas desenvolveranse a través de seminarios repartidos en tres categorías: Negocio en liña, Especial clientes e Produtos. As actividades están abertas a toda a comunidade internauta. A primeira levarase a cabo este xoves 28 de xuño, de 16 a 16 horas, e xirará arredor dos recursos que temos ao noso alcance para elixir o dominio que mellor lle acae ao noso negocio. As inscricións poden facerse xa na Rede.

PUBLICIDADE