Novo acordo entre R e APD para axudar ás empresas galegas

venres, 11 de marzo do 2022 Anxo Sesto

Ana Sánchez, Directora da Asociación para o Progreso da Dirección da zona Noroeste e Alfredo Ramos, director de R asinaron esta mañá a renovación do acordo de colaboración entre as dúas entidades na sede do operador galego na Coruña. Con este novo convenio actualízase a confianza e a aposta que xa viñan desenvolvendo empresa e asociación en aras do desenvolvemento de iniciativas orientadas a xerar valor nos membros da comunidade empresarial e, polo tanto, nas propias compañías.
Con este acordo actualízase a confianza e a aposta que viñan desenvolvendo empresa e asociación para o desenvolvemento de iniciativas que xeren valor nas compañías.
Alfredo Ramos afirmou que se trata dun bo momento postpandémico para reforzar o compromiso de colaboración de R coa formación dos directivos de empresas galegas. Tamén salientou que o obxectivo principal é unha transformacion dixital sostible e o uso de servizos de telecomunicacións pensados por e para as persoas.
Pola súa banda Ana Sánchez, directora de APD zona Noroeste, recalcou a importancia de “impulsar estas colaboracións para poñer en marcha encontros que favorezan a xeración de oportunidades e para que as empresas melloren a súa competitividade e xeren sinerxias entre elas”.
Entre as actividades que terán lugar en Galicia no treito desta colaboración entre R-APD destaca o xantar-coloquio do Club CEO, destinado á alta dirección das empresas; o encontro APD-Talks, sobre tecnoloxía e negocio, e compartiranse ferramentas e coñecementos de acceso ás tendencias que estan a cambiar ás persoas e, polo tanto, ás empresas.

PUBLICIDADE