Novo concurso de vídeos para afeccionados ó Guitar Hero

venres, 28 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Os fanáticos de Guitar Hero poden participar nun novo concurso ó que poden remitir un vídeo no que se lles vexa xogando ó Guitar Hero III: Legends of Rock ou tocando a guitarra do xogo. O gañador será elixido por Lemmy de Motorhead e poderá voar a Los Ángeles para participar nunha sesión especial de captura de movementos que lle permitirá gozar da experiencia única de ver a súa imaxe no videoxogo.
Ademais, 2 finalistas poderán coñecer en persoa ó grupo irlandés The Answer durante a gravación do seu novo disco, e outros participantes poderán optar a premios coma prendas Addict, videoxogos ou consolas Xbox 360.
Para participar é preciso ter 16 ou máis anos.


Simpático vídeo dunha competición inspirada no Guitar Hero III

PUBLICIDADE