Novo número da nosa edición impresa

xoves, 7 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á Noite da Enxeñaría Informática de Galicia que terá lugar o 15 de outubro, á extensión da banda larga no rural galego, as xornadas JAI que terán lugar en Vigo e o software libre.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
- A Semana da Ciencia 2010 comeza a súa andaina
- Ignacio Otero fai un repaso do estado da TDT na nosa terra
- Ineo celebra un almorzo de traballo sobre as vantaxes da colaboración fronte a crise
- Expertos TIC desvelarán en EXPOCoruña o miolo das novas tendencias dixitais
- Vigo acollerá a 8º edición de GaliciaTIC
- O seminario sobre certificados dixitais do CPETIG xuntou a máis de 100 profesionais
- Modernización dá a coñecer as súas axudas á innovación social en redes

PUBLICIDADE