Código Cero celebra os 15 anos da súa edición en papel

luns, 3 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Chega un novo número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega celebramos os 15 anos da nosa edición en papel, polo que convidamos a numerosas compañías e persoeiros do sector TIC para que compartan ese momento connosco. Tamén abordamos os seguintes temas:
- Entrevistamos á directora de AMTEGA, Mar Pereira
- Facemos balance de fitos tecnolóxicos galegos de 2017, moitos e variados
- Economía e Industria métenos de cheo na súa axenda a prol da Industria 4.0
- Entrevistamos a Javier García Tobío, director do CESGA
- A Universidade de Santiago achéganos ao importante labor do seu centro CiTIUS
- Fernando Suárez, presidente do CPEIG, festexa con nós os dez anos de CPEIG
- O COETG avánzanos detalles da Noite Galega das Telecomunicacións
- Falamos con David Mosquera, xerente comercial de Grandes Contas en Galicia de HPE
- GAIN fai un repaso polos avances tecnolóxicos galegos dende a aparición da nosa revista
- Gas Natural lévanos da man á súa vertente máis tecnolóxica
- A Deputación de Lugo contribuíu á adaptación dos concellos á eAdministración
- O CITIC impulsou no mes de xuño dous importantes eventos tecnolóxicos
- AMTEGA renova o portal de Mancomún.gal
- Esténdese o servizo de videointerpretación para persoas xordas do Goberno galego
- O CPEIG celebra unha nova edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
- ABANCA Innova rompe moldes na aceleración de proxectos galegos fintech
- Darío Janeiro, director da Asociación PuntoGal, fálanos do futuro do dominio galego

PUBLICIDADE