Novo número da nosa edición impresa

luns, 14 de maio do 2018 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos celebramos a coincidencia do Día da Internet e o Día das Letras Galegas o 17 de maio. Tamén abordamos temas como os seguintes:
- DICO Mindset lánzase a dinamizar o noso sector dos contidos dixitais
- O CITIC mostra o seu potencial fronte ao Consello Social da UDC
- A Deputación de Lugo impulsa a Administración Electrónica nos Concellos
- A Fundación TIC enche de obradoiros tecnolóxicos o rural da provincia
- AMTEGA renova os seus acordos co CPEIG, o CPETIG e a AETG
- Entrevistamos, con motivo do 17 de maio, ao secretario de Política Lingüística, Valentín García
- As Letras Galegas tamén se celebran (e tanto que é así) en Internet
- Entrevistamos a Darío Janeiro, director xeral da Asociación PuntoGal
- O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, celebra con nós a Rede galega
- Xavier Alcalá festexa a significativa coincidencia do Día das Letras e o Día de Internet
- Patricia Argerey conmemora con nós os 25 anos de historia do CESGA
- Javier García Tobío fai un percorrido polos principais fitos do CESGA
- O CESGA festexou unha nova edición do Día das Rapazas nas TIC
- Vodafone entregou 35.000 euros en premios ao abeiro de Connecting for Good Galicia
- Entrevistamos ao presidente do COETG-AETG con motivo da Noite das Telecomunicacións

PUBLICIDADE