Novo número da nosa edición impresa

martes, 11 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega repasamos a situación das Smart Cities galegas e dos 20 anos de andaina de SOGAMA. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O CELGA 2 poderase cursar en liña a partir de marzo A Deputación de Lugo presenta dúas revolucionarias aplicacións en FITUR
– O CPEIG móstranos a importancia da Intelixencia Artificial para o progreso da nosa economía
– O CITIC fortalece a súa capacidade de xerar talento e transferencia de coñecemento
– A segunda experiencia 21 Días co Galego e + saldouse cun importante éxito nas redes
– O CCG presenta novo portal cos nosos científicos e escritores máis destacados
– A UVigo, pioneira en dispor dun asistente virtual con compresión de linguaxe natural en galego
– Santiago ponse con TRAFAIR á cabeza das cidades que máis loitan por un aire limpo
– AMTEGA porá en marcha o expediente dixital do empregado público
– 21 Días co Galego, o proxecto orixinado na Pobra, culmina a súa segunda edición da man da Xunta
– Medra o gasto total en TIC das empresas galegas
– Acudimos ao Foro de Telecomunicacións celebrado por COETTGA
– A Coruña renova a súa web institucional e fai avanzar o proxecto da Cidade das TIC
– Coruña Dixital e a cidadanía experimentan con tecnoloxías de Realidade Virtual
– Henrique Neira lémbranos o 120 aniversario dos experimentos de Reginald Fessenden
– HUB presenta un programa de formación intensiva de programadores
– Arteixo Telecom volve poñerse á vangarda das tecnoloxías galegas

PUBLICIDADE