Novo número da nosa edición impresa

mércores, 19 de abril do 2023 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á intelixencia artificial na nosa terra e ao Día das Rapazas nas TIC:
– A Deputación da Coruña facilitará a Administración Electrónica dende os concellos
– Inaugurado o Coworking Dixital CCompostela da Cámara de Santiago
– O CITIC contribúe a mellorar a investigación médica con IA
– Avanza o proxecto para materializar o novo computador cuántico do CESGA
– GAIN lanza un convite á industria española para tirar proveito do Polo Aeroespacial de Galicia
– Movistar lidera novamente o ranking de operadoras de ADECES e UCGAL
– O centro vigués atlanTTic pon a tecnoloxía ao servizo da comunidade xorda
– O Galiverso somerxido descúbrenos o patrimonio submarino galego con Realidade Virtual
– A Xunta centralizará a contratación de servizos Cloud para a Administración
– A Rede CeMIT pon ao alcance da cidadanía as tecnoloxías máis disruptivas
– O CESGA acolle o vindeiro 27 de abril a celebración do Dia das Rapazas nas TIC
– A Consellería do Mar dá un novo impulso estatal á promoción dos nosos produtos pesqueiros
– O CPEIG comeza a convocar os premios da súa Noite da Enxeñaría en Informática
– Fernando Suárez (CPEIG) móstranos os riscos de demonizar a Intelixencia Artificial
– O Portal Proxector móstranos as vantaxes e os riscos do espallamento da IA
– A Intelixencia Artificial centrou un novo foro do Consello da Cultura Galega
– A UVigo pon de manifesto a importancia de incrementar a presenza da muller no eido gaming
– Política Lingüística impulsa o Proxecto Nós para asentar o galego na Intelixencia Artificial

PUBLICIDADE